sábado, 9 de julio de 2011

A new band was born!

Marmurio nace nun café de Lugo un día nubrado mentres dous gaiteiros en potencia, Antonio Sanjurjo e Ricardo Estévez, loitaban por atopar o seu oco no mundo musical. Aínda sen coñecementos moi extensos sobre música, logran transmitir a emoción do folk galego, combinando as súas propias creacións coa música tradicional de sempre nun estilo único. Contan, ás veces, coa inestimable colaboración dos seus colega de café, que os acompañan nos seus ensaios no Río Rato, e no futuro en concertos. Marmurio respira, está vivo e camiña cara un futuro prometedor. Stay tuned!

No hay comentarios:

Publicar un comentario