jueves, 28 de julio de 2011

Búscase

Marmurio anda na busca dun ou dunha violinista na provincia de Lugo, para ensaiar un mínimo de dúas veces por semana. Tamén aceptamos xente que sepa tocar un dous seguintes instrumentos: laúde, frauta traveseira ou saxofón; aínda que a nosa prioridade é o violín.
Se algún profesor de tin whistle, ou frauta irlandesa, recae neste blog, por favor deixe unha mensaxe para poder aprender mellor, en Lugo, as cualidades deste máxico instrumento.

jueves, 21 de julio de 2011

¡¡A segunda!!

Xa temos segunda canción elaborada por nós! Agora a masterizala e poñerlle adornos!
PD: non poño foto porque aínda rematei xusto agora de transcribila.

lunes, 11 de julio de 2011

Novas frescas

Próximamente, novo contenido no myspace oficial e grabación das dúas primeiras cancións; unha de carácter tradicional e outra de autoría propia do grupo. Tede paciencia !

http://myspace.com/marmurio

sábado, 9 de julio de 2011

A new band was born!

Marmurio nace nun café de Lugo un día nubrado mentres dous gaiteiros en potencia, Antonio Sanjurjo e Ricardo Estévez, loitaban por atopar o seu oco no mundo musical. Aínda sen coñecementos moi extensos sobre música, logran transmitir a emoción do folk galego, combinando as súas propias creacións coa música tradicional de sempre nun estilo único. Contan, ás veces, coa inestimable colaboración dos seus colega de café, que os acompañan nos seus ensaios no Río Rato, e no futuro en concertos. Marmurio respira, está vivo e camiña cara un futuro prometedor. Stay tuned!